O obxectivo é Impulsar a dixitalización do sector agroalimentario e reducir a brecha digital
Solicitudes: do 15 ao 27 de setembro
Toda a información e solicitudes: https://www.lamoncloa.gob.es/serviciosdeprensa/notasprensa/agricultura/Paginas/2021/140921-centro_competencias.aspx
Cursos gratuítos en liña para o emprendemento:
Planificación Empresarial no Modelo Cooperativo
(14 setembro-11 outubro).
Financiamento. Instrumentos éticos e alternativos para emprender
(21 setembro-19 outubro).
Responsabilidade Social Empresarial para as Cooperativas
(28 setembro-26 outubro).
Modalidade: En liña.
Duración: 60 horas.
Inscricións: https://lnkd.in/e2VRAKG
Máis información: https://lnkd.in/de8yq-2S
Formación gratuíta en liña aberta ao público en xeral, priorizando os seguintes colectivos:
Mulleres, persoas con diversidade funcional, persoas en risco de exclusión social, persoas vinculadas coa economía social e persoas desempregadas.
Novos cursos online en PRL para profesionais do sector metal! https://lnkd.in/eKVXZNiu
Contarás coa axuda dun tutor persoal.
Poderás formarte ao teu ritmo.
Obterás novos coñecementos en PRL que che axudarán a mellorar no teu traballo.
Organiza: Agtamar Galicia Upta Galicia
Co financiamento de: Xunta de Galicia
Imparte: Grupo Método
Consellería de Cultura, Educación e Universidade
RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C).
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de novembro e/ou decembro de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente.
O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210913/AnuncioG0598-260821-0001_gl.pdf
Lembra!!! Todas as formacións son TOTALMENTE GRATUÍTAS e de ALTA CALIDADE, con ASESORAMENTO PERSONALIZADO e ACOMPAÑAMENTO PARA O TEU CASO CONCRETO.
Cando: Martes 14 de setembro de 12:00 a 13:00 horas
Cando: Mércores 15 de setembro de 12:00 a 13:00 horas
Cando: Xoves 16 de setembro de 18:00 a 19:00 horas