No Portal de Emprego Galicia podes consultar a Oferta de Formación publicada e promovida por Emprego Galicia.
Atoparás Formación para o Emprego de Calidade, Regulada, Certificada e Gratuíta!
A través do Buscador de Formación do noso portal podes ver toda a formación ofertada en Galicia ou aplicar diferentes filtros de selección: Provincia, Concello,Especialidade, Situación laboral, Tipo de Formación, Compromiso de Contratación e Modalidade.
En cada unha das accións formativas atoparás a información máis relevante sobre elas: especialidade, contidos, nivel de certificado profesional, data de inicio prevista, horario, modalidade de impartición, localidade, centro de formación e datos de contacto do mesmo.
Como solicitar a formación?
1- A través da Oficina Virtual, a través do Persoal de Orientación, ou na túa Oficina de Emprego, para o caso de que a selección se realice por sondaxe xestionada por esta.
Ligazón Oficina Virtual: https://lnkd.in/dzMfEAF
2- Poñerte en contacto co centro de formación, no caso de que esta entidade teña optado pola selección directa das persoas participantes.
Se tes algunha dúbida sobre que formación realizar, os requisitos da mesma etc. podes solicitar unha cita de orientación laboral para que o noso persoal técnico especializado che asesore de forma personalizada en función do teu perfil e intereses.
Lembra que a Formación ofertada pode exixir requisitos académicos de acceso o cales deberás ter acreditados documentalmente na túa demanda de emprego.
Para calquera trámite presencial na Oficina de Emprego debes solicitar cita previa.
Máis información:
Portal Emprego Galicia: https://lnkd.in/dUdVgZs
Vídeo tutorial de solicitude de formación: https://lnkd.in/dmxSnzhz
Xa tes dispoñible no espazo Dixitalízate de Fundación Estatal para a formación o curso gratuíto sobre creación de empresas.
Consulta os DETALLES: http://mtr.cool/nopczexhqr
Accede ao curso: https://frdelpino.edu.es/courses/crea-tu-propia-empresa/
Os Viveiros de empresas de Deputación de Pontevedra abre os prazo para participar no obradoiro en modalidade online “Pensando en circular: deseño de produtos ou servizos”
A cita será o vindeiro mércores 15 de setembro de 16 a 20h (vía streaming)
Inscricións no formulario:https://www.depo.gal/-/viveiros-pensando-en-circular
Máis información en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou nos teléfonos 686 540 897 e 886 217 360
Cando: Martes 7 de setembro de 12:00 a 13:00 horas
Cando: Mércores 8 de setembro de 12:00 a 13:00 horas
TODAS AS FORMACIÓNS SON TOTALMENTE GRATUÍTAS
Escola Galega de Administración Pública
RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia.
As persoas destinatarias destas actividades son:
– O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
– A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.
Os prazos para a inscrición nestas actividades serán os seguintes:
• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 7 de setembro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 2 de setembro de 2021.
• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 21 de setembro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 13 de setembro de 2021.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210830/AnuncioO150-200821-0001_gl.pdf