on 25 Marzo 2021

Cando: Martes 30 de marzo de 2021 de 11 a 12 horas

Hotmart é unha plataforma dixital baseada na venda e distribución de produtos dixitais, funcionando como unha rede de afiliación. Nela podes comercializar ebooks, documentos, cursos en liña, fotografías...
Neste obradoiro aprenderás a transformar o que sabes nun produto dixital
OBXECTIVO: Crea ou vende un infoproduto en Hotmart

1. DESCOBRE COMO VENDER PRODUTOS DIXITAIS
2. COMO FUNCIONA HOTMART
3. TODO O QUE NECESITAS SABER SOBRE HOTMART
4. ALGUNHAS FERRAMENTAS DE HOTMART
5. LIGAZÓNS
6. MATERIAL DE APOIO

Este obradoiro será impartido por Alberto González. Alberto González é asistente técnico en Xeito Técnico. Desde mozo, sempre buscou a maneira de axudar aos demais cos seus servizos. Gústalle descubrir novas ferramentas que axuden ao desenvolvemento dos negocios. Dá asesoramento a persoas emprendedoras que queren facer cambios no seu negocio

INSCRÍBETE

on 25 Marzo 2021

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2021 pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que  os fagan antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarias da rede CeMIT.

Na Estrada as probas serán o xoves, 6 de maio ás  10.00 (9 prazas)

As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal).

O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210325/AnuncioG0177-160321-0001_gl.pdf

on 23 Marzo 2021

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan probas de constatación da competencia profesional para o
desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (códigos de procedemento IF312A e IF312B).

Calendario.
a) No ano 2021 prevese a realización de dúas convocatorias; non obstante, poderase modificar tanto o número de convocatorias, reducíndoas a unha, como o calendario, en función da evolución da situación actual sanitaria derivada da COVID-19. As dúas convocatorias terán lugar preferentemente en sábado, domingo ou festivo, nos períodos abranguidos entre:
Primeira convocatoria: entre o 17 de abril de 2021 e o 27 de xuño de 2021.
– Segunda convocatoria: entre o 2 de outubro de 2021 e o 19 de decembro de 2021.

b) As persoas aspirantes que cumpran os requisitos para presentárense ás probas poderán presentarse á modalidade de xestor de transporte para empresas de transporte de mercadorías por estrada e á de xestor de transporte para empresas de transporte de persoas viaxeiras por estrada, ou só a unha delas.

Prazos de presentación de solicitudes.
Para a primeira convocatoria: o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Para a segunda convocatoria: desde o 1 ao 23 de agosto de 2021, incluídos ambos os días.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210323/AnuncioG0533-110321-0001_gl.pdf

on 22 Marzo 2021

Formando Futuro é o evento de referencia para a formación en competencias dixitais para o novo mercado laboral.


Do 23 ao 25 de marzo
Modalidade en liña

Inscríbete: https://www.formandofuturofundae.com/

on 22 Marzo 2021
  • Como transmitir o teu evento en liña de xeito profesional III - A túa imaxe en Streaming

Cando: Martes 23 de marzo de 2021 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

  • Promociona o teu negocio con Google My Business

Cando: Mércores 24 de marzo de 2021 de 17 a 18 horas

INSCRÍBETE

  • Como transmitir o teu evento en liña de xeito profesional IV - OBS I

Cando: Xoves 25 de marzo de 2021 de 12 a 13:30 horas

INSCRÍBETE

on 18 Marzo 2021

COGAMI é unha entidade social sen ánimo de lucro que traballa pola inserción social das persoas con discapacidade física e orgánica en Galicia. Están compostos por máis de 50 asociacións de ámbito comarcal, 4 federacións provinciais e 2 entidades de ámbito autonómico.

A Misión de COGAMI é conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

Se queres formarte con eles, podes contactar a través deste correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

https://www.cogami.gal/