on 17 Marzo 2021

Consellería de Cultura, Educación e Universidade
RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C).

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente.

O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210317/AnuncioG0598-090321-0003_gl.pdf

on 15 Marzo 2021
  • Linkedin para empresas

Cando: Martes 16 de marzo de 2021 de 17 a 18 horas

INSCRÍBETE

  • TripAdvisor. A plataforma perfecta para a túa empresa turística

Cando: Mércores 17 de marzo de 2021 de 11 a 12 horas

INSCRÍBETE

  • Ferramentas de email márketing: Sendinblue

Cando: Mércores 17 de marzo de 2021 de 18 a 19 horas

INSCRÍBETE

  • Como transmitir o teu evento en liña de xeito profesional II

Cando: Xoves 18 de marzo de 2021 de 12 a 13:30 horas

INSCRÍBETE

on 15 Marzo 2021

Se andas á procura de emprego en organismos internacionais, o vindeiro 23 de marzo terá lugar unha Feira Virtual de Carreiras, organizada polo Ministerio de Asuntos Exteriores en colaboración con Global Careers Jobs and Events.

Más información: https://lnkd.in/e-e45uK
Inscripción: https://lnkd.in/e2-rQju

on 11 Marzo 2021

Dende COESCO dan comezo ao inicio dunha acción formativa para a obtención do certificado de profesionalidade, Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil (SSCB0209), de nivel 2 de cualificación profesional.

Trátase dunha acción formativa subvencionada e destinada a persoas en situación de desemprego, que se levará a cabo nas instalacións que COESCO en A Estrada (Rúa San Paio 21-baiso), previsto para dar inicio o 5 de abril de 2021 e que se prolongará ata o 8 de xullo do mesmo ano, en horario de 9 a 14 h e completando un total de 328 horas formativas.

As ocupación e postos de traballo relevantes relacionados co certificado de profesionalidade que se opten con esta formación son:

Monitores/as de educación e tempo libre.

Monitor/a de tempo libre educativo infantil e xuvenil.

Monitor/a de campamentos, de albergues de xuventude, de casas de colonias, de granxas-escolas, de aulas e escolas de natureza.

Monitor/a de actividades no marco escolar

 Dita acción formativa pertence ao procedemento TR301P, sendo unha acción formativa con compromiso de contratación.

 Ao ser un certificado cun nivel de cualificación profesional 2, poderán acceder aquelas persoas interesadas que reúnan algún dos seguintes requisitos:

Estar en posesión do título da ESO.
Estar en posesión dun certificado do mesmo nivel de cualificación.
Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
Cumprir algún dos requisitos para acceder aos ciclos formativos de grado medio:
Estar en posesión do título de Técnico/a ou Técnico/a Auxiliar.
Ter superado o 2º curso do BUP
Ter superado as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio.
Estar en posesión das competencias clave de nivel 2.

 As persoas interesadas deberán poñerse en contacto con Coesco a través das seguintes CANLES:

Teléfonos: 986 572 025 – 667 703 711

Mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

 

on 11 Marzo 2021

Taller sobre iniciación ao comercio electrónico para empresas de economía social

Gratuíto!

Datas: 17, 18, 23, 24 e 25 de marzo de 2021.

Horario: 10:00 - 13:00 h.

Modalidade: en liña.

Duración: 15 horas.

A quen vai dirixido?

Persoas que teñan funcións de dirección, xestión de ventas, loxística e teñan unha web de venda en liña, ou teñan pensado facelo, en cooperativas e empresas de economía social.

Máis información: https://lnkd.in/dhwS3P7

Inscrición: https://lnkd.in/d5KJ9Ww

on 11 Marzo 2021

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
ORDE do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2021 (código de procedemento IF318A)

Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nesta orde, as asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou as federacións destas, que teñan xustificado ante a Dirección Xeral de Mobilidade, con anterioridade á data de publicación desta orde, a súa representatividade no marco do sector profesional, para os efectos do regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro, polo que se crea o Comité Galego de Transporte por Estrada e se regula o Rexistro de Asociacións Profesionais de Transportistas e de Empresas de Actividades Auxiliares e Complementarias do Transporte, participen ou non de xeito efectivo no referido órgano de representación.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210311/AnuncioG0533-010321-0001_gl.pdf