Cando: Martes 29 de xuño de 12:00 a 13:30 horas
Cando: Mércores 30 de xuño de 12:00 a 13:30 horas
Cando: Mércores 30 de xuño de 18:00 a 19:00 horas
Cando: Xoves 1 de xullo de 12:00 a 13:30 horas
Unión de Cooperativas EspazoCoop a través da Rede Eusumo organiza o seguinte obradoiro gratuíto:
FORMACIÓN COMERCIAL: COOPERA, COMUNICA E VENDE
Obxectivos:
◾Atender as necesidades formativas no ámbito comercial das cooperativas.
◾Coñecer a situación dos procedementos e sistemas de comercialización.
◾ Divulgar ferramentas e habilidades de comercialización.
◾ Potenciar o intercambio.
Programa formativo:
A proposta de valor da nosa empresa cooperativa.
Comunicar o valor diferencial.
Deseño de estratexias comerciais de alto impacto para captar clientela.
Modalidade: en liña.
Datas: do 14 de xullo ao 5 de agosto.
Horario: celebraranse dúas sesións virtuais de aprendizaxe os días 15 e 29 de xullo en horario de 11:00 a 12:30 horas.
Duración: 20 horas
Inscrición: https://lnkd.in/dMec6Qm
Máis información:
https://lnkd.in/dVyu5BV
patane@espazo.coop 881 887 456
Dende a Federación veñen de elaborar unha "Guía de emerxencia social en lectura fácil" para facilitar o acceso a servizos sociais a todas as persoas interesadas, pero especialmente pensando nas persoas con discapacidade intelectual e ou do desenvolvemento que puideran precisar esta información de maneira accesible. Trátase dunha guía elaborada como parte do noso programa "Collendo impulso", que está financiado pola Xunta de Galicia grazas ás persoas que marcan a "X Solidaria" na súa declaración da renda.
Considerando que será unha ferramenta que facilitará a comunicación de moitas entidades cos seus usuarios e usuarias, convidamos a todos aqueles profesionais de entidades interesadas a participar na presentación.
Dito encontro terá lugar en Santiago de Compostela, o vindeiro luns 28 de Xuño de 2021 nas instalacións do Cersia (Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, Santiago de Compostela), en horario de 10 a 13.30h.
Se estás interesado/a en participar, tan só tes que cubrir a inscrición e enviala cuberta a areasocial@fademga.org ata o vindeiro 24 de xuño.
Podes descargar tanto a inscrición como o programa da xornada neste enlace
"O talento como motor de crecemento". O obxectivo destas xornadas é achegar a realidade empresarial ás persoas desempregadas, para coñecer os perfís profesionais e as competencias para o emprego que máis se valoran na empresa, así como os seus procesos de selección.
O obradoiro con Finsa será o próximo martes 29 de xuño ás 11.00 h. no edificio Cersia.
A xornada diríxese prioritariamente a persoas desempregadas con estudos de bacharelato, ciclos de formación profesional (ou equivalentes), ou ben con experiencia no ámbito industrial.
Hai límite de prazas e é imprescindible a inscrición previa na web do CEXTEC.
INSCRÍBETE: https://www.cextec.com/obradoiro-finsa/?fbclid=IwAR1u_37sepXIqZWL8blhSrV-aXcr3n19TXqAQXIqTPgxGJ55xu8_Zw7m0vQ
Dende a Fundación Laboral da Construción amplían o prazo para inscribirsee no curso gratuíto de 'Operacións de minicargadora- miniexcavadora' que se impartirá no seu Centro de Santiago de Compostela!
Dirixido a persoas traballadoras ocupadas e autónomos/as da construción e sectores afíns así como demandantes de emprego.
Solicita máis información:
981 983 536
rcalvo@fundacionlaboral.org
Curso subvencionado polo Servizo Público de Emprego Estatal SEPE, con número de expediente F181934 AA.
Cando: Martes 22 de xuño de 10:00 a 11:00 horas
Cando: Martes 22 de xuño de 12:00 a 13:30 horas
Cando: Mércores 23 de xuño de 10:00 a 11:00 horas
Cando: Mércores 23 de xuño de 12:00 a 13:00 horas
Cando: Mércores 23 de xuño de 18:00 a 19:00 horas
Cando: Xoves 24 de xuño de 18:00 a 19:00 horas