on 28 Xaneiro 2021
 

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2021 pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Destinatarios/as
Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes do remate do prazo de inscrición.

Organización do curso
1. Número de prazas: 180.
2. Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).
3. Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.
4. Datas de realización: do 1 de marzo ao 28 de maio de 2021

As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán inscribirse a través de internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal).
Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

O prazo para a inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210128/AnuncioG0177-210121-0001_gl.pdf

on 26 Xaneiro 2021
 

A Xunta de Galicia, a través do Igape e en colaboración co ICEX, organiza o curso en liña O Comercio Internacional: Transporte Marítimo e Operativa Portuaria. 10ª Edición, que ten entre outros obxectivos:

  • Facilitar coñecemento da operativa portuaria e os principais elementos que interveñen no transporte marítimo de mercadorías.
  • Proporcionar os coñecementos necesarios para realizar unha correcta xestión dos riscos, así como os aspectos contractuais que deben considerarse.
  • Familiarizar co novo código aduaneiro e as súas implicacións.
  • Dominar os incoterms e a súa vinculación co contrato, o medio de pago, a loxística e as aduanas.

As empresas exportadoras de bens teñen a necesidade de coñecer en profundidade as diferentes alternativas para colocar os seus produtos nos mercados internacionais. Entre as opcións existentes, o transporte por mar ten especial importancia, especialmente para expedicións de mercadorías a mercados lonxanos. Neste contexto, resulta fundamental a formación dos profesionais dos fabricantes de bens con vocación internacional, para que coñezan en profundidade como funciona a operativa portuaria e o transporte marítimo.

Persoas destinatarias da formación: empresas galegas e operadores de comercio internacional que queiran iniciarse ou consolidarse no comercio exterior.
Datas celebración do curso: do 8 de febreiro ao 9 de maio de 2021, cunha duración de 120 h ao longo de 10 semanas.
Prazas limitadas. O prazo de inscrición está aberto ata completar as prazas.

INFORMACIÓN E PROGRAMA

INSCRÍBETE

on 25 Xaneiro 2021
 
  • Como utilizar Instagram para promover a túa empresa II

Cando: Martes 26 de xaneiro de 2020 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

  • Ferramentas de chat e atención ao cliente

Cando: Martes 26 de xaneiro de 2020 de 18 a 19 horas

INSCRÍBETE

  • O valor que as marcas dan ás empresas

Cando: Mércores 27 de xaneiro de 2020 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

  • Iniciación ao SEO I: conceptos, palabras clave e primeiros pasos

Cando: Mércores 27 de xaneiro de 2020 de 19 a 20 horas

INSCRÍBETE

  • Impresión 3D III - Nozzles, tipos e usos

Cando: Xoves 28 de xaneiro de 2020 de 12 a 13:30 horas

INSCRÍBETE

  • Redes sociais para establecementos turísticos

Cando: Venres 29 de xaneiro de 2020 de 11 a 12 horas

INSCRÍBETE

on 21 Xaneiro 2021
 

O Padroado de Escola Organización Industrial (EOI) órgano de goberno puxo en marcha un novo programa de formación en liña para o emprego novo co obxectivo de mellorar a integración no mercado laboral destes.

A acción formativa consta de 25 cursos en liña para diferentes rexios de España, os cursos son de Programación, Loxística, Creación de Videoxogos, Deseño, Marketing Dixital, Calidade, Medio Ambiente, Banca Dixital, Turismo, Recursos Humanos, Comercio Electrónico entre outros.

Estes cursos están cofinanciados co Programa Operativo Emprego Xuvenil ( POEJ).

  • Requisitos para realizar os cursos.

O principal requisito para poder acceder a estes cursos gratuítos é ter unha idade comprendida entre os 18 e 29 anos e sobre todo estar rexistrado no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

https://empleojob.es/cursos-gratis-eoi-empleo-joven-2021/

on 20 Xaneiro 2021
 

Os Viveiros de empresas de Deputación de Pontevedra, xunto coa Fundación Incyde, invitámosvos a participar no webinario “A economía circular: unha oportunidade para as empresas”

A cita será o vindeiro mércores 27 de xaneiro ás 19h (vía streaming)

Inscricións no formulario: https://www.depo.gal/-/a-economia-circular