A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado vén de convocar o campo de voluntariado transfronteirizo co obxectivo de crear unha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que queiran experimentar e crear a base do seu proxecto persoal.
O programa inclúe aloxamento en réxime de pensión completa, transporte no ámbito da actividade (non se inclúe o desprazamento até a cidade transfronteiriza), equipos técnicos e acompañamento por equipo técnico.
Os campamentos levaranse a cabo desde o 21 até o 26 de xuño, comezando o primeiro día ás 12:00 horas e rematando o último ás 15:00 horas.
O prazo de inscrición estará aberto até o 15 de xuño na seguinteligazón
PROXECTO EUROCIDADE_2020
O proxecto Eurocidade_2020, aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración europea e de desenvolvemento sostible.
Socios/as do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Instituto Portugués do Desporto e Juventude (IPDJ); Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.
http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/estatica.asp?idSeccion=236
Consellería de Política Social
ORDE do 10 de maio de 2021 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2021 e se procede á súa convocatoria
(códigos de procedemento BS303A, BS303F, BS303G e BS303H).
Para facilitar que a xuventude galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social oferta a programación de actividades para o ano 2021 que se detalla no anexo I (códigos de procedemento BS303A, BS303F, BS303G e BS303H).
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.
2. A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web
http://xuventude.xunta.es/.
As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial que posibilite a participación do/da mozo/a.
b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
c) Manutención en réxime de pensión completa.
d) Material necesario para a actividade.
e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) O transporte desde Santiago de Compostela ou lugar que se sinale como punto de saída ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela, nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas.
O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210519/AnuncioG0425-100521-0004_gl.pdf
Consellería de Cultura, Educación e Universidade
RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas
deportivas para o curso 2021/22.
O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 2 de xullo de 2021.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210514/AnuncioG0598-040521-0001_gl.pdf
A Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial en colaboración coa UNED/UNED impulsou o novo proxecto educativo a través do curso 'Elementos de IA' dirixido a ensinar á cidadanía conceptos básicos sobre IA.
CONTIDO:
IMPRESCINDIBLE TER CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE (mín. 33%)
Curso presencial de formación para o traballo no ámbito hospitalario
Horario de mañá
A inscrición na web da Axencia é unha preinscrición. A entidade que imparte a formación contactará coas persoas preinscritas para realizar a selección das persoas participantes.
Desde Acción contra a fame quérente convidar á Xornada sobre economía social que organizn o próximo 20 de maio en modalidade en liña. Este encontro diríxese a todas aquelas persoas interesadas en emprender e crear cooperativas ou negocios de economía social, que son os constituídos por dous ou máis de dúas persoas.
Nesta xornada Dani Diéguez contaranos as razóns para emprender en colectivo e como facelo (exemplos, figuras xurídicas e apoios). Tamén contaremos coa participación de dúas cooperativas que deron o paso e crearon negocios no mundo da economía social.
PARTICIPARÁN NA XORNADA:
Pomba Gallego: Delegada da zona Centro Norte de Acción contra a fame, que nos dará as claves deste Programa de emprendemento colectivo.
Olga Rivas: Directora da Fundación Roberto Rivas, que nos explicará as razóns do seu apoio ao Programa.
Dani Diéguez, cooperativista e mentor de proxectos de emprendemento cooperativo, que nos contará por que emprender en colectivo e como avanzar coa idea para facela realidade.
Isabel Costas, Presidenta de tres Fuciños, S. Coop. Galega e Eva Rosende, socia fundadora de Artigo 14 S. Coop. Galega, que achegarán a súa experiencia concreta.