A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) convoca a Proba de Acceso á Universidade para as persoas maiores de 45 anos, correspondente ao ano 2021, no ámbito das tres Universidades de Galicia (UDC, USC e Uvigo).
Prazo de matrícula: do 8 ao 12 de febreiro, ambos os dous inclusive, de acordo coas instrucións que indique a CiUG na súa páxina web (http://ciug.gal/).
Requisitos: Poden matricularse para realizar a proba as persoas que cumprisen ou cumpran 45 anos de idade no ano natural en que teña lugar a proba e que non posúan ningunha titulación académica habilitada para acceder á universidade por outras vías.
Datas exame: o sábado 27 de febreiro, a partir das 8.30 horas, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
Prezo xeral: 63,67€.
Máis información e bases da convocatoria: https://lnkd.in/dKEijMu
Contacto CIUG: Facultade de Dereito, 3º andar -Campus Vida- 15782 Santiago de Compostela. 881 813 452