Como xa ven sendo tradición, o vindeiro Día da Muller sumarémonos novamente a esta celebración cunha xornada sinalada onde as mulleres con discapacidade intelectual terán un espazo para reivindicar os seus dereitos.
Tratarase dun encontro online que celebraremos o 9 de marzo e no que daremos voz a mulleres con e sen discapacidade intelectual así como a profesionais do noso movemento asociativo, co fin de ter unha visión máis ampla das diferentes realidades das mulleres da nosa contorna.
O encontro comezará ás 10:45 horas coa inauguración a cargo da vicepresidenta de FADEMGA Plena inclusion Galicia, Carmela González, á que seguirán varias poñencias comezando pola de Rocío Blanco, Psicóloga do Centro de Información á Muller de Ortigueira, que fará un repaso pola Historia das mulleres, seguida de Ana Martínez, membro de EPSA (Plataforma Europea de Autoxestores) que nos falará sobre a súa experiencia laboral e sobre independencia. Continuaremos con Maribel Cáceres, membro da Xunta Directiva e do grupo de líderes de Plena inclusión, que fará unha exposición sobre a importancia da representación e participación no noso movemento asociativo, e remataremos coñecendo unha experiencia sobre maternidade, a cargo de Maria José Abad, nai e coidadora.
A xornada é de balde, e para asistir soamente debes estar pendiente do día (9 de marzo) e da hora (10:45) e premer neste enlace: https://zoom.us/j/97917181486#success
Consellería de Cultura, Educación e Universidade
RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do
título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).
Modalidades
1. A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.
2. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba, e titular pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.
Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2021.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2020/21.
Prazo, lugar e forma de presentación de solicitudes de inscrición
1. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 3 e o 10 de marzo de 2021.
2. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210224/AnuncioG0598-160221-0001_gl.pdf
Cando: Martes 23 de febreiro de 2021 de 11 a 12 horas
Cando: Martes 23 de febreiro de 2021 de 17 a 18 horas
Cando: Mércores 24 de febreiro de 2021 de 11 a 12 horas
Cando: Mércores 24 de febreiro de 2021 de 17 a 18 horas
Cando: Xoves 25 de febreiro de 2021 de 12 a 13:30 horas
Cando: Venres 26 de febreiro de 2021 de 12 a 13 horas
Estes cursos son totalmente gratuítos, non é necesario ter coñecementos previos e tampouco pertencer a un país en particular, calquera persoa pode inscribirse e realizalos, unha vez concluído o curso, recíbese un certificado que avala os coñecementos adquiridos (formación non regrada).
Os cursos dispoñibles son os seguintes.
Organiza Espazocoop a través de Eusumo a rede de colaboración impulsada pola Consellería de Emprego e Igualdade e coa colaboración de ECOBAS - Economics and Business Administration for Society e a Universidade de Vigo.
Persoas destinatarias: Persoas desempregadas, persoas activas que buscan outra forma de traballar, alumnado de obradoiros de emprego, escolas obradoiros e últimos ciclos formativos na búsqueda de posibilidades laborais e tamén persoas interesadas en coñecer máis polo miúdo a fórmula cooperativa.
Datas: do 3 ao 31 de marzo de 2021
Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse 3 sesións virtuais de aprendizaxe os días 4, 17 e 26 de marzo de 11:00 a 12:30 h.
Duración: 40 horas
Inscrición:
Formulario: https://lnkd.in/drZM7zh
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
881 887 456
Máis información:
Eusumo: https://lnkd.in/diK-auT
Obradoiro sobre o Emprendemento Cooperativo no Medio Rural: Oportunidades de Negocio
Inscrición gratuíta!
Modalidade: en liña a través da aula virtual.
Datas de celebración: 23 e 25 de febreiro e 2, 4 e 9 de marzo de 2021.
Horario: de 16:00 a 19:00 horas.
Preme nesta ligazón para consultar o programa:
https://lnkd.in/dYDCENz
Inscrición: https://lnkd.in/dKKPDwE
Máis información: https://lnkd.in/dbfkrHW
Para máis información: www.agaca.coop