on 08 Marzo 2024

REQUISITOS:

Se contas con ciclo medio ou superior relacionado con electromecánica, automoción, carrocería, electricidade ou similares.

Se non tes formación previa, pero buscas unha formación nesta área.

Imprescindible

-Estar en situación de desemprego

-Dispoñibilidade para realizar o curso de maneira presencial de luns a venres de 7:00 a 15:00 (inicio o 8 deabril, duración aprox. de mes e medio)

Ofrécese

- Formación gratuíta non remunerada, con posibilidade de contratación.

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Valga

XORNADA: Intensiva de mañá en horario de 7.00 a 15.00 horas

HORAS: 240

PRAZAS: 15

PERSOAS INTERESADAS CHAMAR AO TELÉFONO:  902 40 50 60

on 01 Marzo 2024

Todos os obradoiros se imparten na modalidade "en liña"

Ciberseguridade, Antivirus e actualización do software

INSCRIBETE

Da idea ao prototipo, explora o noso FabLab en Barro

INSCRIBETE

Para consultar todos os eventos da rede PREME AQUÍ

Tamén podes inscribirte chamando por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

on 28 Febreiro 2024

Curso de monitor/a de actividade de tempo libre (Curso Homologado pola Consellería de Política Social) que organiza a Escola de Tempo Libre COESCO.

DATOS DO CURSOS:

1ª ED 2024 – CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

Escola de Tempo Libre COESCO.

  • Fase teórico-práctica (200 horas)
    • Datas:
      • Inicio: 08 de marzo de 2024
      • Finalización: 21 de xuño de 2024
    • Horario:
      • Venres de 15:00 a 20:00
      • Sábados de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 20:00
  • Fase práctica (150 horas en entidades do sector, ou 14 días de actividade intensiva en campamentos, colonias, ...)
    • Prazo ata o 21 de xuño de 2026.

Custo: 300 € (posibilidade de fraccionar o pago).

Inscrición aberta ata o 6 de Marzo de 2024

Teléfono de contacto: 986 57 20 25 ou 667 703 711 (tamén por whatsapp)

Mail de contaco: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

on 28 Febreiro 2024

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2024 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Obxectivos: Actualizar a formación necesaria para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia

Destinatarios/as

Persoas inscritas no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia que estean obrigadas a renovar a inscrición antes do 31 de decembro de 2024. Non obstante, poderán inscribirse aquelas que teñen que renovar a inscrición con posterioridade á data sinalada, pero só serán seleccionadas no caso de existiren prazas vacantes.

O prazo de inscrición será ata o 11 de marzo de 2024 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240228/AnuncioO3C2-210224-0001_gl.pdf

on 27 Febreiro 2024

BASES REGULADORAS DA OITAVA EDICIÓN DOS CURSOS DE ESPAÑOL PARA A PREPARACIÓN DO DELE A2 PARA O ANO 2024

As persoas destinatarias desta convocatoria son inmigrantes que reúnan os seguintes requisitos:

• Atoparse en situación regular en España

• Ser maiores de 16 anos

• Estar empadroadas nun concello da provincia de Pontevedra

• Saber ler e escribir

• Ter coñecementos básicos da lingua española (o nivel do curso será o A2 do MCER)

• Non contar cunha dispensa do Ministerio de Xustiza para realizar a proba do DELE A2

Quedan excluídas as persoas que realizasen o curso de preparación nas últimas dúas edicións.

 Ofértanse tres (3) edicións de ata sesenta (60) prazas, cun máximo de vinte (20) alumnas e alumnos por curso, segundo o correspondente a cada edición.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

O prazo de inscrición comezará o 1 de marzo de 2024 e rematará o 15 de marzo de 2024.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/02/27/2024011555

on 22 Febreiro 2024

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2024 pola que se convocan seis edicións do Curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

As actividades formativas serán as que se especifican no anexo II desta resolución, no cal, se indica tamén, de ser o caso, o número de edicións por curso, número de horas lectivas, número de prazas, datas de realización e horarios dos distintos cursos. As actividades formativas terán preferentemente horario de mañá e tarde.

O contido das diferentes actividades formativas convocadas pola presente resolución pode consultarse na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (http://agasp. xunta.gal) na epígrafe «Formación de colectivos».

Destinatarios/as

Persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos xerais:

a) Persoas maiores de idade en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.

b) Non atoparse inscrito de forma definitiva na sección ou seccións correspondentes do Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitudes

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp. xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude. É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non seren correctos ou exactos tales datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

b) As persoas que non sexan usuarias da páxina web da Agasp deberán previamente darse de alta nela, para o cal é necesario facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

c) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 37, 886 20 61 38 e 886 20 61 11 ou do enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

d) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

e) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normalizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

f) Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.

g) Se as solicitudes para participar nun curso non superan o 50 % das prazas convocadas, a Agasp reserva para si a facultade de anular a actividade formativa.

O prazo de inscrición será ata o 4 de marzo de 2024, a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240222/AnuncioO3C2-160224-0001_gl.pdf