CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).
Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:
• Comunicación en lingua galega.
• Comunicación en lingua castelá.
• Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
• Competencia matemática.
Presentación de solicitudes e prazo
1. Para participar nestas probas deberá presentarse unha solicitude segundo o modelo do anexo I desta resolución.
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250114/AnuncioG0767-121224-0001_gl.pdf
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES
RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se desenvolve a Resolución do 11 de novembro de 2024 pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2025 (Diario Oficial de Galicia número 222, do 18 de novembro) e se procede ao nomeamento do tribunal para as convocatorias do ano 2025.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250113/AnuncioG0759-301224-0001_gl.pdf
G12 GRUPO EMPRESARIAL DE SERVICIOS, S.L.
Perfil dos alumnos/as: Persoas desempregadas inscritas demandante no Servizo Público de emprego de Galicia.
Requisitos mínimos de acceso: académicos nin profesionais.
Presentación de solicitudes ata 02/02/2025
DATA INICIO: 03/02/2025
DATA FIN: 23/04/2025
HORARIO: 9:00-14:00
HORAS: 288
ENDEREZO: Vía Edison, 1C. Polg doTambre -Santiago de Compostela
TOTALMENTE GRATUITO
INSCRIPCIÓNS: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. TELÉFONO: 650 677 437
Perfil dos alumnos/as: Persoas desempregadas inscritas como demandante no Servizo Público de emprego de Galicia.
Requisitos mínimos de acceso: Non esixe requisitos académicos nin profesionais
Presentación de solicitudes ata 02/02/2025
DATA INICIO: 03/02/2025
DATA FIN: 03/04/2025
HORARIO: 15:30-20:30
HORAS: 228
ENDEREZO: Vía Edison, 1C. Polg do Tambre -Santiago de Compostela
TOTALMENTE GRATUITO
INSCRIPCIÓNS: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. TELÉFONO: 650677437
Perfil dos alumnos/as: Persoas desempregadas inscritas demandante no Servizo Público de emprego de Galicia.
Requisitos mínimos de acceso:
Os establecidos para os certificados de profesionalidade de nivel 2, entre outros: Graduado en ESO ou equivalente.
Proba de acceso a ciclos de grao medio ou Universidade.
Presentación de solicitudes ata 08/01/25
DATA INICIO: 09/01/2025
DATA FIN: 16/06/2025
HORARIO: 15:30-20:30
HORAS: 568
ENDEREZO: Vía Edison, 1C. Polg do Tambre -Santiago de Compostela
TOTALMENTE GRATUITO
INSCRIPCIÓNS: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. TELÉFONO: 650017205
A Concellería de Xuventude do Concello da Estrada en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, por en marcha unha nova edición dos CAMPAMENTOS DIXITAIS para o vindeiro semestre académico.
Campamento Dixital é un programa de actividades extraescolares, en competencias dixitais, gratuítas para nenos, nenas e adolescentes de 9 a 17 anos.
Son sesións de 30 horas de formación gratuíta máis actividades complementarias en liña guiadas, polas tardes.
A pasada edición foi un éxito, e máis de 15 rapaces se beneficiaron destas actividades extraescolares.
Nesta nova edición abrimos novamente cos dous grupos de participantes:
O Concello da Estrada busca con estas actividades facilitar a conciliación das familias estradenses á vez que se forme a nosa rapazada en competencias dixitais, algo básico actualmente.
As clases darán comezo a partires do do 27 de xaneiro e chegarán ata o mes de abril.
As persoas interesadas en inscribirse deben poñerse en contacto co departamento de xuventude do Concello da Estrada, deben enviar un correo electrónico ao enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando o nome e apelidos e data de nacemento do menor; os datos persoais do/a titor/a legal do mesmo e un teléfono de contacto.