ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2024 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.
Destinatarios/as
Persoas inscritas no Rexistro Profesional do Persoal de Socorrismo, Información e Primeiros Auxilios de Galicia na sección de instalacións acuáticas que estean obrigadas a renovar a inscrición antes do 31 de decembro de 2025. Non obstante, poderán inscribirse aqueles que teñen que renovar a inscrición con posterioridade á data sinalada, pero só serán seleccionados no caso de existir prazas vacantes.
O prazo de inscrición será ata o 16 de outubro de 2024 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240926/AnuncioO3C2-180924-0002_gl.pdf
Desde a concellería de Xuventude do Concello da Estrada e a través de Cibervoluntarios e coa financiación do Ministerio de Xuventude, poñemos en marcha para o curso académico 2024-2025 un CAMPAMENTO DIXITAL, cuia finalidade é formar á nosa xuventude en competencias dixitias, algo absolutamente básico na actual sociedade na que vivimos e necesario para acceder no futuro ao mercado laboral, e á súa vez, favorecer a conciliación das familias estradenses, sen necesidade de que teñan que incurrir nun gasto extra.
O campamento dixital é unha actividade que será TOTALMENTE GRATUÍTA para os seus participantes e da que se poderán beneficar nenos e nenas desde os 9 ata os 17 anos.
Cada alumno/a terá un crédito horario total de 30 horas que se distribuirá en sesións de 2 horas diarias durante dous días á semana, é dicir, 7 semanas.
As sesión terán lugar na aula Cemit da Fundación Cultural da Estrada. En cada sesión o alumnado participante irá adquirindo novas competencias para utilizar internet e as ferramentas dixitais de xeito creativo, útil e responsable.
Os contidos das actividades axustaranse á idade das persoas participantes que se agruparán en dous grupos de traballoao frente do cal estarán varios docentes.
Os campamentos darán comezo os 14 e 15 de outubro; un grupo comprenderá o alumnado de 9 a 13 anos e o outro grupo será o que comprenda aos alumnos/as de entre 14 a 17 anos:
Curso: Campamento dixital L2 con Concello de A Estrada
Línea de acción: L2 (14-17 anos)
Programación: Todos os luns e xoves do 14 de outubro ao 2 de decembro, de 17:00 a 19:00 horas
Modalidade: Presencial
Curso:Campamento dixital - L 1.1 + L1.2 con Concello de A Estrada
Línea de acción: L1.1 (9-11 anos) + L1.2 (12-13 anos)
Programación: Todos os mércores e venres do 16 de outubro ao 3 de decembro, de 17:00 a 19:00 horas
Modalidade: Presencial
Ao finalizar o campamento, cada alumno recibirá un certificado DigComp de aproveitamento.
O campamento manterase ao longo de todo o curso escolar, se ben, as persoas participantes só poden facelo unha vez.
Con esta actividade, xunto con moitas outras que nas que xa estamos a traballar, desde a concellería de xunventude queremos mostrar o total compromiso que o Concello da Estrada ten coa nosa mocidade, sendo o piar principal e de futuro do noso pobo.
O prazo de inscrición ábrese este martes, 24 de setembro e permanecerá aberto ao longo de todo o curso, se ben, as prazas iranse asignando por riguroso orde de inscrición.
INSCRICIÓNS: As persoas interesadas inscribiranse a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
No contido da mensaxe debes facer constar:
NOME E APELIDOS DO/A MENOR
DATA DE NACEMENTO
DATOS DE CONTACTO DO TITOR/A
8 SESIÓNS
Iniciarase o sábado 28 de setembro de 10.00 a 12.00 horas
PRAZAS LIMITADAS!
Prazo de inscrición: ata o 26 de setembro
REQUISITOS:
Estar empadroado/a no Concello da Estrada
Persoas interesadas inscribirse enviando un correo electrónico a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. no que consten:
- NOME E APELIDOS
- DATA DE NACEMENTO
- ENDEREZO
- DNI
- TELÉFONO DE CONTACTO
* Non é necesario levar os bastóns xa que se prestarán ao comezo de cada actividade e haberá qye devolvelos ao finalizar cada sesión
A ACTIVIDADE É TOTALMENTE GRATUÍTA
CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE
RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2024 (código de procedemento PL500C).
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro de 2024, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (http://www.lingua.gal).
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240913/AnuncioG0766-040924-0001_gl.pdf