Detalles do curso:
📌 Modalidade: En liña
⏳ Duración: 10 horas
📅 Datas: 2, 3 e 4 de abril
🕐 Horario: Teleformación (poden realizalo libremente dentro deses tres días)
A quen vai dirixido? Este curso está destinado a persoas desempregadas que pertenzan a algún dos seguintes colectivos:
✔ Persoas con discapacidade (física, intelectual ou sensorial).
✔ Persoas en situación ou risco de pobreza.
✔ Familias monoparentais.
✔ Desempregados e desempregadas de longa duración.
✔ Poboación inmigrante.
✔ Persoas vítimas de violencia de xénero.
✔ Persoas vítimas de discriminación no mercado laboral.
✔ Persoas sen fogar.
✔ Persoas recluídas ou exreclusas.
✔ Persoas maiores de 45 anos.
✔ Persoas con trastorno mental.
✔ Mozos en procura do seu primeiro emprego.
✔ Persoas ex toxicómanas.
✔ Outros colectivos en situación de exclusión social.
Para máis información ou persoas interesadas en participar, podedes contactar en:
Blanca Bretal: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 📞 682 516 278
Sara Lojo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 📞 627 364 054
📞 Teléfono AMICOS: 981 865 600
ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2025 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
Poderán participar nesta actividade formativa: os/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
O prazo de presentación de solicitudes será do 21 ao 31 de marzo de 2025.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/ matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250320/AnuncioO150-060325-0001_gl.pdf
CURSO SUBVENCIONADO-GUINDASTRE AUTOCARGANTE.
Lugar de impartición: Apetamcor Santiago.
Data: Sábado 29 de marzo de 2025.
Horario: 09:00 a 17:00h.
Prazo de inscrición: Ata completar prazas.
REQUISITO IMPRESCINDIBLE:
Estar en posesión do Carné de conducir C.
Podes chamar para solicitar máis información e inscribirche chamando ao 981 574 922 ou ao 604 550 773.
CRO: Consegue que a túa web venda (máis)
Xoves, 6 de marzo de 12:00 a 13:00 h
Online a través de Zoom
O teu plan de márketing dixital paso a paso
Xoves, 6 de marzo de 17:00 a 19:00 h
Presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados)
ACCIÓNS FORMATIVAS TOTALMENTE GRATUÍTAS
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL
RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).
Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de vinte anos ou facer esa idade no ano 2025.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2024/25.
A proba realizarase en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de abril de 2025 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
As persoas interesadas en participar na proba presentarán unha única solicitude de inscrición (anexo I).
Na solicitude de inscrición deberase indicar a modalidade de bacharelato elixida e os exames en que se solicite inscrición.
O prazo de presentación de solicitudes será do 6 ao 19 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250303/AnuncioG0761-240225-0001_gl.pdf