TOTALMENTE GRATUÍTO
Requisitos:
- Titulación mínima de bacharelato
24/03/2025 - 07/07/2025
Máis información:
Inscrición: https://emprego.xunta.es/diplos/curso?accion=2024/003264-01
Un certificado oficial válido en toda España que demostra a túa experiencia e coñecemento, e que pode axudarche a mellorar o teu futuro profesional.
1. Posuír a nacionalidade española; atoparse incluído como persoa residente comunitaria ou familiar deste, no ámbito da aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de persoas cidadás da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
2. Ter 18 anos, para as unidades de competencia de nivel 1, e 20 anos para as de nivel 2 e 3.
3. Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias acreditables.
a. Experiencia laboral.
i. Unidades Competencia de nivel 2 e 3. Xustificaranse polo menos tres anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos 15 anos.
ii. Unidades Competencia de nivel 1. Xustificaranse polo menos dous anos, cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total, nos últimos 15 anos.
b. Formación non formal.
i. Unidades Competencia de nivel 2 e 3. Xustificaranse polo menos 300 horas, nos últimos 10 anos.
ii. Unidades Competencia de nivel 1. Xustificaranse polo menos 200 horas nos últimos 10 anos.
4. As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nun ciclo de formación profesional ou realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia nas cales solicita a súa inscrición. Tampouco poderán posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/s unidade/s de competencia que solicita, nin as súas equivalentes ou a acreditación parcial das unidades de competencia que solicita. Ademais, non poderán estar inscritas noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional, ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.
A solicitude de participación deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica cubrindo previamente os datos no sistema de información ACREDITACION, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado que se presentará necesariamente na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.
Nesta fase, un asesor ou unha asesora axudará ás persoas solicitantes a recompilar todas as probas que poidan achegar para defender e xustificar a súa competencia profesional: proxectos, traballos realizados, certificados oficiais de estudos (poden ser estudos incompletos ou extinguidos), cursos, referencias, informes e certificados dos empregadores. Realizarase tamén un cuestionario de autoavaliación.
A comisión de avaliación empregará os métodos que considere necesarios para comprobar o exposto na documentación achegada na fase de asesoramento. Poden ser entre outros, a observación directa no posto de traballo, simulacións, probas estandarizadas de competencia profesional ou entrevista profesional.
Cando superes o proceso de avaliación obterase unha acreditación de cada unha das unidades de competencia nas que se demostrou a competencia profesional.
Aberto permanentemente
Con carácter xeral, o desenvolvemento do proceso terá lugar en centros educativos con oferta de formación profesional.
Na Estrada será no IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ
FCOV33 Competencias clave nivel 3 para certificados de profesionalidade con idioma galego
https://emprego.xunta.es/diplos/curso?accion=2024/002872-01
ADGG0208 Actividades administrativas na relación co cliente
OPERACIÓNS AUXILIARES DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS E XERAIS (ADGG0408). TOTALMENTE GRATUÍTO
A duración do curso é de 448 horas, entre as que se inclúen 18 horas de módulos transversais e 40 horas de prácticas profesionais.
Inician o día 03/02/2025.
Non hai requisitos académicos para acceder ao curso.
O alumnado terá acceso a bolsas de transporte e axudas para a asistencia en caso de minusvalía, familia numerosa, familia monoparental, conciliación, etc…
Para obter máis información ou para a resolución de calquera dúbida pode contactar a través de calquera dos seguintes medios:
Teléfono fixo 881 083 914
Teléfono móbil/whatsapp 638 017 639
Correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2025 pola que se fixan os criterios reguladores do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas durante o ano 2025, e se convoca a súa realización (código de procedemento PR471A).
Os requisitos para participar neste curso son os seguintes:
a) Ser maior de idade.
b) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.
c) Carecer de antecedentes penais.
d) Ter a aptitude psicolóxica necesaria acreditada consonte o que dispón o artigo 8.4 do Decreto 48/2021, do 11 de marzo
O prazo para a presentación das devanditas solicitudes, vinculada co procedemento PR471A, abrirase ao día seguinte de que se publique esta resolución no DOG e permanecerá aberto ata a entrada en vigor da resolución correspondente ao exercicio 2026.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250123/AnuncioO3C2-120125-0001_gl.pdf