on 10 Novembro 2025

Dirixido a persoas con discapacidade.

MODALIDADE: PRESENCIAL (Santiago de Compostela)

DURACIÓN: 50 HORAS

HORARIO: 9.00 A 14.00 HORAS

INSCRICIÓNS:

- No enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

- Nos teléfonos: 981 865 716 ou 627 364 092

TOTALMENTE GRATUITO 

on 29 Outubro 2025

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2025 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Destinatarios/as

Persoas inscritas no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia na sección de instalacións acuáticas que estean obrigadas a renovar a inscrición antes do 31 de decembro de 2026. Non obstante, poderán inscribirse aqueles que teñen que renovar a inscrición con posterioridade á data sinalada, pero só serán seleccionados no caso de existir prazas vacantes.

O prazo de inscrición será de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251029/AnuncioO3C2-211025-0001_gl.pdf

on 27 Outubro 2025

FADEMGA Plena inclusión Galicia celebra unha nova edición dun dos seus encontros máis consolidados: o Seminario de Discapacidade Intelectual e Saúde Mental, que chega este ano á súa 19ª edición.  A cita será o 21 de novembro, na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Nesta nova edición, o fío condutor será o benestar emocional e a súa repercusión nas persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento, pero tamén nas súas familias e nos equipos profesionais que lles prestan apoio. Porque, coma lembramos edición tras edición, non hai inclusión plena sen saúde mental nin redes de apoio que acompañen con humanidade, rigor e calidez.

Toda a información para a inscrición está dispoñible neste dosier

Programa destacado

A xornada abrirá coa doutora Amaia Hervás, referente estatal en psiquiatría infantil e xuvenil, que abordará a relación entre a ansiedade e a saúde mental en persoas con TEA, ofrecendo claves prácticas para a detección e intervención. Seguirá coa poñencia "Envellecemento e grandes necesidades de apoio" a cargo da psicóloga Cristina Roncero, que abordará o reto do envellecemento das persoas con grandes necesidades de apoio, cun enfoque centrado na dignidade, o benestar e a continuidade nos coidados.

Asemade, contaremos cunha mesa-coloquio “Construímos benestar”, onde diferentes voces expertas compartirán experiencias e ferramentas sobre tres eixos fundamentais: "O benestar emocional das persoas con discapacidade", coa psicóloga de IGAIN Rebeca Sevilla, "A resiliencia dos equipos profesionais, e o valor do debriefing" da man da directora técnica de persoas de APADIS Laura Garrido e "Fortalecer ás familias: apoio emocional ás familias en momentos clave" a cargo de Juan Carlos Morcillo, psicólogo e terapeuta familiar. 

Un espazo que medra, evoluciona… e volve cada vez con máis forza!

Despois de case dúas décadas de traxectoria, este seminario segue sendo un punto de encontro imprescindible para profesionais, estudantado, entidades e familias. Un espazo onde o coñecemento científico e a experiencia práctica camiñan da man para seguir colocando o benestar emocional no centro da inclusión.

Lembra

- O formulario de inscrición, horarios e programa completo están dispoñibles no dosier da xornada

- Podes inscribirte cubrindo este FORMULARIO  

O primeiro prazo de inscripción estará aberto ata o 14 de novembro.

on 27 Outubro 2025

O xoves día 30, de 10:00 a 14:00 HORAS.

Lugar: MOME

Persoas interesadas inscribirse a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono: 679 616 449

TOTALMENTE GRATUÍTO

on 24 Outubro 2025

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 1 de setembro de 2025 (código de procedemento PL500C).

Celga 4, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:

• 15 de novembro de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P e Q.

• 16 de novembro de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D e E.

Celga 3, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:

• 22 de novembro de 2025, para todas as persoas admitidas.

Celga 2, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:

• 23 de novembro de 2025, para todas as persoas admitidas.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251024/AnuncioG0766-171025-0003_gl.pdf

on 22 Outubro 2025

APETAMCOR pon en marcha unha nova acción formativa:

OPERACIÓNS AUXILIARES DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS E XERAIS


📍 Apetamcor Santiago.


🗓️ Inicio: 23 de outubro. 


⏰ De luns a venres, de 15:00 a 20:00 horas.

ℹ️ Inscricións abertas ata completar prazas.

Para máis información e reservas:
📞 981 574 922
📞 604 55 07 73