on 22 Xullo 2024

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2024 pola que se convoca o curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 26 de agosto ao 5 de setembro de 2024. 

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/ matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Duración: 60 horas.

Edicións: unha.

Datas: do 24 de setembro ao 22 de novembro de 2024.

Proba final: o día 22 de novembro ás 10.00 horas.

A proba final do curso realizarase de xeito telemático a través da aula virtual.

Prazas: 100.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240722/AnuncioO150-100724-0002_gl.pdf

on 19 Xullo 2024
 
CML0110 ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN (GRATUÍTO)
 
DATAS: do 3 de setembro ao 4 de novembro (210 horas)
 
HORARIO: 9 A 14 Horas
 
REQUISITOS: persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego. Non hai requisitos académicos nin profesionais. 
 
LUGAR: GDOCE SANTIAGO (Polígono do Tambre)
 
PERSOA CONTACTO: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  ou no teléfono:   650 017 205
on 11 Xullo 2024

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2024 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais específicos no ámbito da prevención e extinción de incendios forestais.

Estas edicións do curso están dirixidas ás persoas traballadoras activas ou en situación de desemprego, aos delegados e ás delegadas de prevención, de recursos preventivos, que traballen ou traballasen nas categorías ou especialidades propias do SPIF na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, que desenvolvan ou poidan desenvolver tarefas e actividades na defensa, prevención e/ou extinción de incendios forestais, tales como os/as bombeiros/as forestais, bombeiros/as forestais condutores/as, bombeiros/as forestais xefes/as de brigada, bombeiros/as forestais condutores/as de motobomba, emisoristas/vixilantes do SPIF, operador codificador de datos do SPIF entre outros, e reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 29 de xullo de 2024.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240711/AnuncioO150-030724-0001_gl.pdf

on 08 Xullo 2024
  • Lugar de impartición: Apetamcor Santiago.
  • Datas: 17,18,19,22,23 e 24 de xullo.
  • Horarios: 15:30 a 20:50h.
  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas!

Podes solicitar máis información e inscribirte chamando ao 981 574 922 ou 604 550 773.

on 08 Xullo 2024
  • Lugar de impartición: Apetamcor Santiago.
  • Datas: Do luns 19 ao venres 23 de agosto.
  • Horario: De 7,30h a 15,00h.
  • Prazo de inscrición: Ata cubrir prazas.

Podes solicitar máis información e inscribirte chamando ao 981 574 922 ou 604 550 773. 

on 03 Xullo 2024

O Centro Birtánico oferta clases gratuítas presenciais que impartirán profesorado en prácticas do Curso CELTA de Cambridge do Centro Británico de Santiago de Compostela no mes de agosto.

As persoas interesadas poden inscribirse a través da seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdlLHeGKtMnp3o0igQJVj_rnwgbyAFNAcsTvQjiJAdpb1aKhw/viewform

Características: Clases de inglés presenciais GRATUÍTAS impartidas por profesorado en prácticas do curso CELTA de Cambridge, o certificado de ensino en inglés máis recoñecido internacionalmente.

Imprescindible a ASISTENCIA a clase durante todo o curso durante unha quincena de agosto, en función do nivel.

As prazas son limitadas.

As persoas interesadas deben contactar antes do 24 de xullo co Centro Británicobien cubrindo o formulario, chamando ao 981 59 74 90 ou ben informándose nas súas oficinas de Santiago. Deste xeito indicaráselles cando poden realizar a proba de nivel oral. A selección farase tendo en conta a orde de inscrición así como o nivel de inglés esixido para a realización do curso. 

Entregarase, baixo petición, certificado de asistencia ao curso do Centro Británico.