on 20 Febreiro 2025

O servizo de asesoramento e axuda en capacitación tecnolóxica e dixital da Deputación de Pontevedra, SmartPeme volve a toparse activo en todas as súas oficinas: Vigo, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra, Barro, Cambados e Lalín. De igual xeito, o servizo seguirá prestando atención na vila de A Estrada todos os segundos e últimos mércores de cada mes en horario de mañá (9.00 a 14.00h). 

Este servizo, de balde para negocios e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra, axuda a que persoas autónomas, emprendedoras e pequenas e medianas empresas poidan mellorar os seus recursos dixitais e ser máis eficientes no seu día a día grazas á dixitalización.

 Cales son as vantaxes do servizo?

  • ​Axuda en creación de páxinas web ou modificación de webs xa creadas
  • Axuda e orientación nas tendas en liña ou comercio electrónico
  • Asesoramento e axuda en posicionamento en buscadores
  • Axuda para mellorar redes sociais e mellorar o seu rendemento
  • Axuda en imaxe corporativa
  • Axuda e asesoramento tanto en marketing convencional coma en marketing dixital
  • Axuda co email marketing
  • Axuda e asesoramento en intelixencia artificial para automatizar procesos sinxelos

​​

asesoramento é totalmente personalizado. A través de sesións individuais, abordanse necesidades específicas relacionadas coa transformación dixital, competitividade e innovación do negocio.
 
Ofrece formación continua. A través de obradoiros e actividades formativas, tanto presenciais como en liña, sobre diversas temáticas como xestión de redes sociais, comercio electrónico, ciberseguridade e máis. 
 
Rede de Puntos de Atención. Conta con varias oficinas distribuidas estratéxicamente en toda a provincia, facilitando o acceso aos seus servizos en diferentes comarcas.
 
Podes atopar o servizo todos os segundos e últimos mércores do mes no concello de A Estrada, no Viveiro de Empresas do Concello da Estrada.

SmartPeme é un recurso valioso e de balde para autónomos, empresas e emprendedores que busquen mellorar a súa competitividade e adaptarse ás esixencias do mercado actual mediante a incorporación de novas tecnoloxías e prácticas innovadoras.
 
Podes solicitar a túa cita coa asesora de SmartPeme A Estrada, Fátima Faílde, a través do mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou a través do teléfono 886 202 020.
on 20 Febreiro 2025

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2025 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico para o persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 21 ao 28 de febreiro de 2025.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250220/AnuncioO150-120225-0001_gl.pdf

on 19 Febreiro 2025

XESTIÓN DE STOCK E CARRETILLA

Duración: 50 horas teóricas + 60 prácticas

Lugar: Pontevedra

Data de inicio: 27 DE FEBREIRO

Solicitude de praza e información: 

Teléfono: 986 863 709

Mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

on 19 Febreiro 2025

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2025 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Destinatarios/as

Persoas inscritas no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia que estean obrigadas a renovar a inscrición antes do 31 de decembro de 2025. Non obstante, poderán inscribirse aqueles que teñen que renovar a inscrición con posterioridade á data sinalada, pero só serán seleccionados no caso de existiren prazas vacantes.

O prazo de inscrición será ata o 27 de febreiro de 2025 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250218/AnuncioO3C2-110225-0001_gl.pdf

on 19 Febreiro 2025

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2025 pola que se convocan seis edicións do Curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Destinatarios/as

Persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de inscrición será ata o 27 de febreiro de 2025 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250218/AnuncioO3C2-110225-0002_gl.pdf

on 13 Febreiro 2025

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) abriu a preinscrición para dous itinerarios formativos gratuítos en 2025, dirixidos a profesionais que desexen especializarse no mantemento de infraestruturas e servizos en Centros de Procesamento de Datos (CPD).

Estes cursos, de 580 e 425 horas respectivamente, impartiranse de maneira 100% en liña e ofrecerán unha formación multidisciplinar con atención personalizada.

Cursos gratis do SEPE para traballar nun Centro de Proceso de Datos (CPD)

Mantemento de Infraestruturas en CPD (580 horas).

Este curso está deseñado para formar especialistas na instalación e mantemento de infraestruturas crave nun CPD.

Abordaranse áreas como:

Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas (baixa tensión, ligazón e interior).

Automatismos eléctricos e transformadores. Máquinas eléctricas rotativas (montaxe e mantemento).

Sistemas de climatización, ventilación e refrixeración en CPD.

Protección contra incendios e prevención de riscos laborais.

Ademais, inclúese formación práctica en remoto con equipos de laboratorio que simulan unha contorna real.

Mantemento de Servizos en CPD (425 horas)

Este itinerario está enfocado na montaxe e mantemento de sistemas de telecomunicacións e audiovisuais nun CPD.

Os módulos inclúen:

Instalacións de redes de voz e datos e telecomunicacións.

Megafonía, sonorización e circuíto pechado de televisión (CCTV).

Sistemas domóticos, inmóticos e radiocomunicacións.

Instalación e mantemento de sistemas microinformáticos.

Seguridade electrónica: videovixilancia, control de accesos e ciberseguridade.

Para inscribirse en calquera destes itinerarios, as persoas candidatas deben cumprir polo menos un dos seguintes requisitos académicos e profesionais:

Título de Técnico (FP Grao Medio) ou Certificado de Profesionalidade en electricidade, electrónica, mecánica ou industrial.

Título da ESO con experiencia laboral mínima de 2 anos nalgunha destas especialidades.

Título de Bacharelato. Nivel de inglés B1, acreditado mediante certificación oficial ou módulos de inglés en FP.

Solicitude: https://experienciafundae.es/programa-mantenimiento-cpd