CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL
RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).
Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de vinte anos ou facer esa idade no ano 2025.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2024/25.
A proba realizarase en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de abril de 2025 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
As persoas interesadas en participar na proba presentarán unha única solicitude de inscrición (anexo I).
Na solicitude de inscrición deberase indicar a modalidade de bacharelato elixida e os exames en que se solicite inscrición.
O prazo de presentación de solicitudes será do 6 ao 19 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250303/AnuncioG0761-240225-0001_gl.pdf
O servizo de asesoramento e axuda en capacitación tecnolóxica e dixital da Deputación de Pontevedra, SmartPeme volve a toparse activo en todas as súas oficinas: Vigo, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra, Barro, Cambados e Lalín. De igual xeito, o servizo seguirá prestando atención na vila de A Estrada todos os segundos e últimos mércores de cada mes en horario de mañá (9.00 a 14.00h).
Este servizo, de balde para negocios e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra, axuda a que persoas autónomas, emprendedoras e pequenas e medianas empresas poidan mellorar os seus recursos dixitais e ser máis eficientes no seu día a día grazas á dixitalización.
Cales son as vantaxes do servizo?
ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2025 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico para o persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
O prazo de presentación de solicitudes será do 21 ao 28 de febreiro de 2025.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250220/AnuncioO150-120225-0001_gl.pdf
XESTIÓN DE STOCK E CARRETILLA
Duración: 50 horas teóricas + 60 prácticas
Lugar: Pontevedra
Data de inicio: 27 DE FEBREIRO
Solicitude de praza e información:
Teléfono: 986 863 709
Mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2025 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.
Destinatarios/as
Persoas inscritas no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia que estean obrigadas a renovar a inscrición antes do 31 de decembro de 2025. Non obstante, poderán inscribirse aqueles que teñen que renovar a inscrición con posterioridade á data sinalada, pero só serán seleccionados no caso de existiren prazas vacantes.
O prazo de inscrición será ata o 27 de febreiro de 2025 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250218/AnuncioO3C2-110225-0001_gl.pdf